Leva un póster de Batman totalmente de balde!

Agardámoste na nova Comicteca Afundación. Faite soci@, leva os teus cómics favoritos para ler na casa e, como agasallo (ata esgotar existencias), ¡un póster exclusivo de Batman ou dos seus viláns máis icónicos! Pingüino, Catwoman, Enigma, e moitos máis agárdante grazas ao noso colaborador ECC. Onde? Na Comicteca Afundación.
Descubre a exposición de Pedro Cifuentes na Comicteca Afundación

Do 19 de decembro de 2024 ao 30 de abril de 2025, a Comicteca Afundación acolle a exposición de Pedro Cifuentes, recoñecido historietista e docente. A través de cinco impresionantes murais, Cifuentes transforma o cómic nunha poderosa ferramenta educativa para tratar temas como: ✨ Descarga gratis o mural sobre a colección de arte de Afundación […]
Ironman aterra en Vigo: visítao na Comicteca Afundación

¡O Vingador máis tecnolóxico de Marvel agárdate na entrada lateral do Teatro Afundación de Vigo! Unha estatua oficial de Ironman, cedida por Alita Comics, anuncia a creación da nova Comicteca Afundación. Fai un selfie con Ironman e compárteo cos teus amigos. ¡Só estará aquí por tempo limitado!