Colaboradores

Institucionais

Colaboradores Comicteca - Cátedra Cómic

Nace co propósito de desenvolver desde o ámbito académico o coñecemento do cómic, a través da realización de actividades de difusión, información e investigación.

A cátedra créase co apoio da Fundación SM, que ten por obxecto construír e desenvolver proxectos educativos, de investigación, de formación de docentes e de intervención en contextos sociais vulnerables, con criterios de equidade e calidade, con interese prioritario na realización de accións e posta en marcha de proxectos destinados ao desenvolvemento das metodoloxías da educación.

O obxectivo da cátedra é o desenvolvemento de actividades formativas, culturais, de investigación e de extensión universitaria orientadas cara ao coñecemento e difusión permanente do cómic.

Editoriais

Colaboradores Comicteca - ECC

Editorial independente dedicada á publicación e distribución de cómics desde 2012. Estrutura o seu catálogo en catro selos:

DC Cómics. Con personaxes tan populares coma Superman, Batman, Flash, Wonder Woman…

ECC Manga. Con obras dalgunhas das autorías máis persoais do medio, como Junji Ito, Taiyō Matsumoto, Suehiro Maruo…

Kodomo. Reúne títulos orientados ao público infantil e xuvenil, dos 3 aos 12 anos.

ECC Cómics. Ofrece series e novelas gráficas organizadas en tres liñas editoriais: Narrativa Gráfica Hispanoamericana, Panorama Gráfico e Mainstream.

Colaboradores Comicteca - Nuevo Nueve

Editorial creada en 2019. Nome composto formado pola palabra «nuevo» que fai referencia ás producións recentes do panorama do cómic, aínda que tamén soubo recuperar algúns grandes clásicos que quedaran inéditos no mercado español; e a palabra «nueve», que se vincula coa novena arte.

Ambos os termos definen o espírito desta editorial. As súas edicións teñen unha clara vocación europeísta, especialmente centradas na produción franco-belga e italiana. Igualmente, apostan polo talento de artistas nacionais do talle de Miguel Ángel Martín, Juan Berrio, ou Paco Sordo, cuxo cómic El pacto, editado por Nuevo Nueve en 2022, foi galardoado co Premio Nacional do Cómic que outorga o Ministerio de Cultura.

Colaboradores Comicteca - Desfiladero ediciones

É unha editorial especializada en cómics para persoas adultas, en formato de novela gráfica, en libros sobre historia do cinema e en libros de ensaio sobre a novena e a sétima arte. Nace no ano 2016.

Conta coas seguintes coleccións:

  • Memoria Gráfica (a memoria colectiva recuperada a través de relatos biográficos en formato de novela gráfica).
  • Moviola (os períodos claves da historia do cinema estudados en profundidade en libros profusamente ilustrados).
  • Ensaio (libros de investigación en torno á sétima ou novena arte).
  • Viñetas (cómics ao servizo da divulgación e a aprendizaxe).
  • Avant-Garde (cómics de vangarda gráfica).
  • Otranto (obras fantásticas trasladadas á linguaxe das viñetas).
Colaboradores Comicteca - Cartem Comics

Dirixida por Daniel Díaz, presente no mercado editorial da arte desde o 2007 a través de Edicións de Arte e Bibliofilia, S.A., aposta, desde 2021, pola edición coidada de obras da novena arte.

A súa temática inclúe reedicións de clásicos, BD francesa, cómics dos xéneros bélico e histórico, novela gráfica e edición de autorías emerxentes españolas, nas liñas Spanish Bombs e Ecos de tinta.