Comicteca

A biblioteca especializada en cómic de Afundación

Situada á entrada da biblioteca, no último andar do Teatro Afundación de Vigo, a Comicteca é de acceso libre e permite consultas rápidas sen necesidade de solicitar o carné de biblioteca. Para acceder ao servizo de préstamo a domicilio, si é necesario devandito carné, que pode solicitarse no mostrador de forma gratuíta.

Aproveitando as virtudes narrativas da linguaxe da historieta, a Comicteca Afundación enfócase no campo da educación, ofrece diversos contidos en liña para o seu uso na aula e realiza actividades dirixidas a ese fin.

OBRA CONVIDADA

Cuttlas: O Universo I e II

10/12/2024

Nestas dúas páxinas, “Good old Cuttlas” ensínanos unha valiosa lección: cun pouco de imaxinación, ata as matemáticas son divertidas! Eduardo Pelegrín Martínez de Pisón, coñecido como Calpurnio (Zaragoza 1959-Valencia 2022) crea o personaxe de “El Bueno de Cuttlas” no fanzine El japo (1983). Pronto a [...]

Entidades colaboradoras

Preguntas frecuentes

É un espazo da Biblioteca Teatro Afundación dedicado aos cómics, enfocado no seu aspecto educativo e que ofrece, entre outras actividades, contidos en liña sobre este tema, destinados ao seu uso na aula.

Alberga unha colección de 983 obras (ata o momento) ordenada en 6 grandes grupos: C-AM (cómics americanos), C-EU (cómics europeos), C-ES (cómics españois e hispanoamericanos), C-MAN (mangas/cómics asiáticos), C-T (teoría do cómic) e C-REV

(publicacións periódicas/seriadas/revistas).

O devandito fondo abrangue grandes clásicos, tanto mundiais (Krazy Kat, de George Herriman) como españois (Paracuellos, de Carlos Giménez), e obras de actualidade, algunhas delas engadidas á colección mesmo antes de saíren á venda.

De luns a venres, de 9.00 a 14.00 h e de 15.00 a 19.00 h; e os sábados, de 9.00 a 14.00 h.

Si, é libre, calquera persoa pode consultar en sala os seus fondos. Para o servizo de préstamo a domicilio é necesario posuír o carné de biblioteca, que se pode solicitar no mostrador e obter de forma totalmente gratuíta.

Si, podes solicitalo a través da seguinte ligazón:

https://bibliotecas.afundacion.org/inicio/registro.php

Asier Mensuro é coleccionista de cómics e novelas gráficas, inspirador da Comicteca da Biblioteca Teatro Afundación e depositario da colección de inicio. É licenciado en Historia da Arte, crítico especializado en arte e cómic, comisario de exposicións e escritor de ensaio sobre cultura contemporánea.