Recursos

Narrativa gráfica sobre la Colección de Arte de Afundación
Narrativa gráfica creada por Pedro Cifuentes (2024).

Narrativa gráfica sobre a Colección de Arte de Afundación (2024), de Pedro Cifuentes.

Primeiro contido educacional producido exprofeso por Afundación, Obra Social de ABANCA para a Comicteca Afundación. Un achegamento didáctico para dar a coñecer o en aula a súa colección de arte, un referente ineludible no que á arte galega Conta na actualidade cun fondo de 5.000 obras datadas entre o século XIX e os nosos días.

Historia da Arte en cómic e Historia de España en cómic, de Pedro Cifuentes

Actividades didácticas para a aula, deseñadas polo propio autor, que é historietista e profesor na ESO. Adecuadas para ensino secundario e bacharelato. Tamén se inclúen imaxes das grandes obras da historia da arte para colorear, idóneas para que o alumnado de primaria se familiarice coa arte universal.

Científicas: pasado, presente y futuro, de Raquel Gu

Este cómic, desenvolto pola Unidade de Igualdade da Universidade de Sevilla, visibiliza algunhas das grandes achegas á ciencia de científicas do talle de Hipatia, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin e Hedy Lamarr.

La tabla periódica, de Raquel Gu

«Este cómic ten por protagonistas os elementos químicos e como escenario a táboa periódica. Trátase dunha homenaxe aos noventa elementos que compoñen todo o que existe na natureza e aos vinte e oito que foron creados polo ser humano. Porque todo, absolutamente todo —estrelas, nubes, alimentos, o teu propio corpo…—, está composto por eles. Pasaron máis de cento cincuenta anos desde a creación da táboa periódica, e é necesario celebrar a importancia desta ferramenta fundamental que nos presenta os elementos de forma organizada e nos permite comprendelos e, cun pouco de sorte, memorizalos!».

Adela Muñoz Paéz
Catedrática de Química Inorgánica
UniversidadE de Sevilla